Vitale, Ida, 1923-

La ley de Heisenberg / Ida Vitale. - Primera edición - Madrid : Ampersand, 2025. - 196 páginas ; 20 cm. - Colección Lector&s .

Detrás de todos os libros que leu na súa vida Ida Vitale hai unha nena encandeada pola abundancia de autores que poboaron unha vez a biblioteca familiar. Pero a lectura non está feita tan só de tramas, senón do misterio dun poema repetido sen entender durante anos, que desatou co tempo a paixón da lingua na poesía. Este libro ensina a ler sen prexuízos, a deixarse levar pola imaxinación palpando os libros ata deixalos impresos para sempre na memoria sensorial. Porque La ley de Heisenberg non é só un repaso de lecturas que a autora vén realizando desde hai décadas, senón a revelación dunha poética que liga o principio de incerteza coa literatura e coa vida.

9788412841992


Ensayos

821.134.2(899)-4